Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

Viaxe a Cuba 2ª Parte

Imagen
  Despois de saír do val de Viñales, fomos a Cienfuegos e continuamos contando a nosa viaxe. En Cienfuegos tamén nos aloxamos nunha casa, pero xa non houbo tanta complicidade cos donos que tiñan un fillo pequeno e unha avoa   moi maior aos que debían levar á escola e ao centro de día, así que no almorzo estaban ocupados e, cando regresaban,  nos saïamos a ver a cidade, case non coincidiamos. Pero nalgún momento ao despedirse de nós antes de saír da casa, e que non os iamos ver durante o día, faláronnos do centro de día, do coidado da súa nai, a señora estaba moi contenta e, por suposto, deducimos que as persoas maiores estaban moi ben atendidas. Cienfuegos foi fundada en 1819 por emigrantes franceses que deixaron unha grande influencia. A cidade divídese en dúas partes diferentes, a zona con soportais central, co seu rexio Paseo do Prado e o seu elegante parque; e Punta Gorda con eclécticos pazos construídos polas clases adiñeiradas nos anos vinte. Chamounos a atención un cemiterio