Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2023

Viaxe ao Deserto. Marroco, Decembro de 2022

Imagen
Foi unha semana de viaxe, pero a verdade é que moi intensa. Voamos de Madrid a Marrakech onde pasamos unha primeira noite, no lugar de encontro cos outros viaxeiros, porque  se trataba dunha viaxe organizada. Cando chegamos a Marrakech, o primeiro que fixemos foi comer algunha cousa lixeira e ir á praza, todo en Marrakech xira arredor de "Jamaa el Fna". Miles de persoas e cada vez máis turistas reúnense neste espazo público ao atardecer que se enche de cor, cultura e negocios; contacontos, profesores expoñendo as súas ensinanzas, encantadores de serpes, bailaríns, pintadoras de tatuaxes de henna, odontólogos, vendedores de zumes de froitas, acróbatas, escritores de cartas, pequenos restaurantes que se van montando, portadores de auga... un número infinito de actividades e xente que se xunta e ateiga a praza o zoco contiguo e as súas rúas circundantes. É impresionante a cantidade de xente que se reúne alí.   Ao fondo a Koutoubia A mesquita de Koutoubia, omnipresente, é a me