Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

Hungría, Eslovaquia, Chequia, Alemaña, Francia, España .Última parte 2021

Imagen
Imos camiño de Hungría, Budapest , é o 4 de novembro,  pero marchamos un pouco antes de Belgrado, coa idea de parar no camiño e fixémolo en Novi Sad. Vouvos contar. Novi Sad foi proclamada a primeira cidade de Serbia que ostenta o título de Capital Europea da Cultura, a pesar de non formar parte da Unión Europea. Aglutina comunidades de húngaros, eslovacos, croatas, xitanos e montenegrinos, aínda que a porcentaxe que representa a maioría serbia creceu nos últimos 30 anos, pasando de 64% a 78% hoxe. Ocupamos a mañá percorrendo a cidade, tomando o café do mediodía, e a verdade é que mereceu a pena facer esta parada. É unha cidade moi coidada con fermosos edificios no centro e tamén se pode visitar unha importante sinagoga. Trátase dunha visita moi interesante e é unha pena que non poidamos pasar un par de días para coñecela mellor pero xa tiñamos un apartamento contratado en Budapest. Seguimos camiño de Budapest. A entrada da fronteira, foi un pouco caótica hai que ter en conta que se tr