Entradas

Dúas semanas en Cabo Verde, Febreiro 2025

Imagen
 En Cabo Verde visitamos tres illas. A primeira foi a illa de Sal. Aloxámonos nun apartamento, que estaba moi ben equipado. Tiña de todo. Estaba en Santa María. Polo que vimos, os turistas adoitan ir a resorts e todos levaban as súas pulseiras. O apartamento estaba ao lado da rúa peonil e moi preto do porto antigo. A outra illa que visitamos foi a illa de San Vicente. Tamén nos aloxamos nun apartamento en Mindelo. E a terceira illa, para a que fixemos unha excursión dun día, foi San Antão. Como chegamos e visitamos as illas de Cabo Verde:  A saída cara ás illas foi de Madrid a Lisboa e de Lisboa á illa de Sal. Dende a illa de Sal, voamos a Mindelo e, para chegar a San Antão, tivemos que coller un transbordador. Vouvos contar as miñas experiencias en cada unha das illas, pero primeiro, un pouco da historia das illas e dos seus habitantes. Cabo Verde foi unha colonia portuguesa desde o século XV ata 1975, ano en que conseguiu a independencia. Tantos anos de historia compartida a...

Uns días en Xapón. Marzo 2024

Imagen
É moi difícil contar esta viaxe. Era unha viaxe planificada. Fomos cun grupo de amigos. Estamos afeitos a planificar viaxes pero ista foi unha viaxe diferente Vimos moitas cousas en moi pouco tempo e quero contarvos todo. Espero que o gocedes tanto coma nós. En primeiro lugar, quero falar dos xaponeses. Xapón é coñecido pola súa hospitalidade e o seu carácter respectuoso, organizado e honesto. Isto reflíctese na súa vida cotiá. Vese tanto no transporte público como na rúa. Dan grazas por todo. O xesto de inclinar a cabeza ou a parte superior do torso é unha sinal de saúdo, reverencia, gratitude ou desculpas. En Toquio, unha megalópole de máis de 30 millóns de habitantes, non hai lixos, non hai nin un só papel no chan.  Non hai contedores de lixo para recoller residuos nas rúas. Despois duns días de viaxe por Xapón, dáste conta de que non tes onde deixar o teu lixo, tes que gardalo para poder tiralo no hotel, ou onde esteas. Só fan isto os xaponeses. Noutros países aos que viax...