Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

Viaxe a Cuba, 1ª parte febreiro 2020

Imagen
Esta viaxe a Cuba comeza 8 de febreiro 2020 e remata o 28 do mesmo mes.   Esta viaxe divídese en dúas partes, a primeira parte contámosche dende o principio, a chegada á Habana a Viñales, e a segunda parte o que imos visitar é  Cienfuegos, Playa Girón, Matanzas e de novo a Habana   Foron 20 días intensos, e como non eran moitos, eliximos cidades e vilas que puideramos coñecer e desfrutar, sen perder tempo, e tendo en conta que os desprazamentos eran un caos. Seguimos o mesmo plan que noutras viaxes, tres dias nunha vila ou cidade e ao cuarto mudar de lugar, agás na Habana, xa que estivemos 8 dias en total. Ao chegar foron cinco días seguidos, sabiamos que unha amiga  estaba en Cuba, que regresaba a España neses días, e non podiamos deixar de vernos, acordamos reunirnos na Habana, foi xenial, e logo volvemos á Habana, onde estivemos  tres días  antes de regresar a España. Chegamos ás sete da tarde hora local, tiñamos o hotel preto do centro, tivemos un pequeno susto, porque cando c