Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Exipto. Xaneiro día 17-2022

Imagen
O 16 de xaneiro p artimos para Madrid en tren dende Pontevedra para coller o avión cara a Exipto, pero pasamos a noite en Madrid, para facelo con calma e co tempo xa que tiñamos que estar 3 horas antes da saída. O avión saíu o día 17 ás 12:45 e chegamos a Luxor ás 18:45.  Vouvos falar un pouco da miña experiencia nesta fermosa viaxe a un dos destinos turísticos máis visitados do mundo. Comezamos cun cruceiro polo Nilo, a nosa primeira vez nun cruceiro, e foi moi agradable. O cruceiro foi do 17 ao 21, e despois fomos a un hotel no Cairo ata o 24 que volvemos de novo a Madrid, durmindo esa noite outra vez en Madrid para coller o tren a Pontevedra o 25.    Ao chegar ao barco, déronnos os respectivos camarotes e fomos cear. No grupo que nos tocou había xente nova, xente maior, pero había harmonía entre nós, eramos 23, todos en parella, menos un vasco que ía só. Ao día seguinte visitamos a Necrópole de Tebas, que está situada na parte occidental do Nilo , a actual Luxor, e fomos ao Val