Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2021

Unha semana en Carrapateira, o Algarve. Portugal

Imagen
  18 de Maio.   Saímos moi cedo para facer tranquilamente esta viaxe. A fin de semana foi moi dura e necesitamos saír, pasamos sete días de desconexión total, dentro do que puidemos, o punto de parada era Carrapateira, na Costa Vicentina,  pero fixemos algunhas paradas no camiño, porque a distancia era longa. Unha das máis reconfortantes foi Vila Nova de Milfontes, Vila Nova de Milfontes é unha cidade portuguesa de Odemira, distrito de Beja, situada na beira norte do desfiladeiro do río Mira. Está incluído no parque natural do suroeste do Alentexo e da Costa Vicentina. As rúas que conducen ao océano están cheas de pequenas tendas, bares e restaurantes. E vixiado por casas brancas con raias azuis que evocan o mar. Demos un paseo pola vila e fomos comer pois ainda quedaba un longo percorrido ata o noso destino, Carrapateira. Chamounos a atención unha cabina telefónica coma as inglesas, na que no seu interior había libros para intercambiar entre os habitantes do lugar. Vimos as cabinas