Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

Vendo aves na Limia

Imagen
  Dous días en Limia. A lagoa de Antela foi sempre unha referencia en materia de biodiversidade e sobre todo   pola súa diversidade de avifauna, lagoa importante nunha zona onde non abundan estas formacións, estaba poboada por miles de aves de multitude de especies, tanto permanentes como migratorias. Xa no século dezanove e tamén na primeira metade do vinte a loita contra o paludismo fixo que se desecaran ou rachearan numerosos acuíferos en toda España, estes valiosos ecosistemas eran considerados como focos de infección xa que era onde se reproducen os mosquitos que transmiten enfermidades. Por esta razón e pola necesidade de obter boas terras agrícolas, nos anos 50, a lagoa desecouse. Pero, a partir dos anos 70, un pouco máis ao sur, no concello de Sandiás, comezou a explotación de depósitos de areas cuaternarias, a prohibición de sacar area de praias ríos e rías fixo que se buscase outra fonte deste material básico para a construción. Os buratos feitos para a extracción foron enc