Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

Viaxe polos países do sur e centro de Europa.27- Setembro -2021

Imagen
A viaxe do 2021. Setembro Primeira parte Despois de celebrar a voda da nosa filla, preguntámonos, que tal unha viaxe? E decidimos levala a cabo, collemos o noso coche, e así o fixemos. Para chegar a Europa, para non deixarnos angustiar pola distancia e ir con tranquilidade e paseniño, decidimos facer dúas paradas en España, unha estaba en Haro, unha das capitais do viño de Rioja, e a outra parada en Figueiras, Girona, coa idea de chegar a Francia, que era o noso primeiro obxectivo. En Haro só estivemos unha noite, chegamos a tempo de facer un percorrido pola cidade e coñecer o seu fermoso centro histórico. Un dos puntos que nos pareceu máis interesante foi o Pazo da Praza da Cruz onde se atopa un magnífico edificio de planta cadrada e tres plantas do que d estacan a súa fachada semicircular, os fabulosos balcóns do segundo andar e o ornamentado escudo heráldico. A súa construción data de mediados do século XVIII. Destacar tamén a escultura situada diante da entrada, que rende