Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

Viaxe á Bretaña Francesa Setembro 2020

Imagen
Foi unha viaxe pensada con responsabilidade, tanto para nós como con quen nos atoparamos, tendo sempre moi en conta a pandemia do COVID19.  O 8 de setembro, antes de entrar na Bretaña, pasamos dúas noites na Navarra, en Santesteban, e moi cerquiña desta vila, atópase o Parque natural Señorio de Bertiz . Un recuncho verde de gran beleza no Perineo occidental navarro, á beira do río Bidasoa, demos un bo paseo polo parque, non estaba moi concorrido, pero si había ambiente e todos respectándonos, cada un coa súa máscara, sen aglomeracións. Chamounos a atención como os paisanos da vila tiñan permiso para recoller libremente cogomelos en todo o parque. En Galicia, non hai que pedir permiso, nós non o tiñamos ni tampouco onde cociñar, estabamos aloxados nun hostal de Santesteban.  Señorio de Bertiz Camiño da Bretaña, os tres primeiros días fomos de cámping, onde alugamos un bungaló: “el Campilo”, que se atopa na rexión da Vendée e desde el fixemos varias visitas a La Roche-su