Viaxe á Bretaña Francesa Setembro 2020

Foi unha viaxe pensada con responsabilidade, tanto para nós como con quen nos atoparamos, tendo sempre moi en conta a pandemia do COVID19. 

O 8 de setembro, antes de entrar na Bretaña, pasamos dúas noites na Navarra, en Santesteban, e moi cerquiña desta vila, atópase o Parque natural Señorio de Bertiz. Un recuncho verde de gran beleza no Perineo occidental navarro, á beira do río Bidasoa, demos un bo paseo polo parque, non estaba moi concorrido, pero si había ambiente e todos respectándonos, cada un coa súa máscara, sen aglomeracións. Chamounos a atención como os paisanos da vila tiñan permiso para recoller libremente cogomelos en todo o parque. En Galicia, non hai que pedir permiso, nós non o tiñamos ni tampouco onde cociñar, estabamos aloxados nun hostal de Santesteban. 

Señorio de Bertiz

Camiño da Bretaña, os tres primeiros días fomos de cámping, onde alugamos un bungaló: “el Campilo”, que se atopa na rexión da Vendée e desde el fixemos varias visitas a La Roche-sur Yon e a Nantes, cidade natal de Julio Verne, capital da Loire-Atlantique e a sexta cidade máis poboada de Francia. La Roche-sur Yon é unha cidade fundada por Napoleón, na praza co seu nome atópase un zoo mecánico, moi curioso. 

Zoo Mecánico

A catedral de Nantes:

A catedral chamada de San Pedro e San Paulo, monumento relixioso do século XV comezou sendo de estilo románico, aínda que máis tarde sería substituído polo gótico, que nos recordou a Catedral de Notre Dame de París, coa que garda un gran parecido.

 No interior da catedral, atópase a tumba de Francisco II de Bretaña e de Margarita de Foix. Trátase  dunha marabillosa escultura do século XVI que foi ordenada construír pola súa filla, a duquesa Ana de Bretaña. Esa noite quedámonos no cámping, aínda que non fixemos ningunha vida nel , xa que o motivo elixilo foi o Covid19.

Dende o castelo, en Nantes, que mandou construir Francisco II e Ana (a súa filla) para manter o ducado de Bretaña a salvo do Reino de Francia vese a antiga fábrica das galletas lu . 

Ao fondo a antiga fábrica de galletas Lu

O sábado 12 de setembro chegamos a Auray, departamento de Morbihan, xa na Bretaña, coas súas rúas adoquinadas, a súa ponte de pedra, as súas casas de entramado de madeira...Vila moi acolledora, a esta zona do porto coñécese tamén como Saint-Goustan, vila tranquila, onde comemos as galettes máis ricas de toda a Bretaña. A unha hora e media de camiño a pe, atópase outra vila mariñeira, Bono, onde o cultivo de ostras, foi típico, como en moitas vilas da Bretaña.

 Foto de Auray e das Galettes.

Camiño a Bono
Descanso para coller forzas, unhas pezas de froita e continuar o paseo.
O día 14 fomos a visitar Carnac, visita obrigatoria, os aliñamentos megalíticos situados ao norte da vila do mesmo nome, xunto ao golfo de Morbihan. O conxunto total de Carnac consta de varios aliñamentos megalíticos de menhires ou pedras que datan del V ao III AC, e ten tamén visitamos algún dolmen e túmulo. En total, uns 3000 menhires en varias fileiras, algunhas de 1 km de largo. É obrigada a súa visita.

Visita interesante tamén a Lorient (en bretón An Oriant), é unha cidade portuaria de Francia pertencente ao departamento de Morbihan, na rexión da Bretaña.situada na boca da rada de Lorient que durante a Segunda Guerra Mundial albergou unha importante base de U-Boot alemáns.

Interior dun submariño francés dos anos 70 (vale a pena visítalo). Como vedes vese claramente as liteiras, lavabo. 

Interior do submariño.

Ao dia siguinte a nosa visita foi a dúas bonitas cidades: Concarneau e Quimper, en Concarneau visitamos a fortaleza, é unha cidade fortificada dende a Idade Media situada na pequena illa de Conq. As calellas da cidadela ocupan un illote de forma irregular (350 m de largo x 100 m de ancho) unido a terra firme mediante dúas pequenas pontes separadas por unha fortificación. Esta atópase presidida por unha torre con reloxo de 1906 que se converteu no emblema da cidade.

A seguinte ciudade foi Quimper, a visita máis interesante foi á catedral de Saint-Corentin e logo estivemos paseando  polas rúas. A catedral erixiuse no anterior emprazamento dun antigo santuario románico, a igrexa da Nosa Señora, edificada no S. XI. A continuación veredes a torre do reloxo e a catedral de Quimper (impresionan as  torres con esas elevadas agullas).

 Torre do reloxo de Concarneau

Interior da cidade fortificada de Concarneau
Catedral

Seguindo a nosa viaxe, non podía faltar Brest, Brest é uhna cidade francesa situada no departamento de Finisterre que foi duramente bombardeada na Segunda Guerra Mundial polo que é difícil atopar monumentos de interese histórico. Despois de dar uns paseos por ela, a visita foi a oceánopolis, un acuario, estuvo xenial, está moi ben organizado e mantido e resulta moi didáctico. 

Oceánopolis

A nosa aventura continúa e a seguinte parada foi en Saint-Malo, dende ela visitamos Mont Saint Michel e Morlaix. No porto de Saint Malo hai uns curiosos barcos piratas pensados para o turismo e pódense visitar. O seu centro histórico ten a particularidade de estar amurallado completamente, cunha construcción que se remonta ao S.XIII. Evidentemente como en todas as cidades turísticas non faltaban as tendas de souvenirs da Bretaña.

 Cidade fortificada de Saint Malo.

Praia en Saint Malo

Veciños, enfronte ao noso apartamento en Saint Malo.

 

 Corto Maltés.


Barco pirata

Ao chegar ao monte Saint Michel atopamos unha gran bruma que case nos impedía ver a abadía pero pouco a pouco o día foise despexando. Sitio é turístico a máis non poder, pero aínda asi valeu a pena. Non se pode chegar directamente como antano, hai unha zona de aparcamento, e logo un autobús lévate á illa. Dende 1979, é Patrimonio da Humanidade. O Monte San Miguel, na súa denominación en español, é un illote rochoso sobre o que se levanta unha espectacular abadía e que está situado no mar, no esteiro do río Couesnon. 

 Mont Saint Michel.

Interior de S Michel

Ese mesmo día cando voltabamos xa para o apartamento alugado en Saint Malo, de camiño aproveitamos para visitar Dinan e Dinard demos uns paseiños polas dúas vilas. Dinan, visita obrigada, está ubicada no norte da rexión e concretamente no departamento de Côtes d'Armor, hipnotiza ao visitante coa súa arquitectura medieval, chea de casas con entramado de madeira rematadas con puntiagudos tellados.

 

 Rúa de Dinan

O Castelo

Dinard situada no departamento de Ille y Vilaine, na rexión de Bretaña, Dinard formou parte do sistema defensivo de Saint-Malo. 

Praia de Dinard, ao fondo está a Villa na punta da Malouine,

E por suposto visitamos a súa catedral

Estamos xa no día 24 e temos que voltar a casiña pero a nosa viaxe continúa uns diiñas máis, saímos da Bretaña camiño de Aquitania pero aínda así aproveitamos para facer unha visita a Rennes, non tivemos moita sorte pois o máis interesante que é o Parlamento, estaba pechado, e tampouco o tempo acompañaba moito, chovia e "bastante." 

O Parlamento

Rúa de Rennes
Praza en Rennes

Foron moitas visitas e quedou algunha vila se comentar, e moi bonitas e interesantes, vou a poñer algunhas fotos antes de entrarnos na Aquitania.

 Saint Nic, praia espectacular, unhas mareas increibles

Morlaix se atopa na costa de granito rosa : Bahía de Morlaix
E outra cidade na costa de granito rosa é Perros-Guirec

E por último, Locronam ubicado no alto dun outeiro, o primeiro que chama a atención desta pequena poboación da Bretaña é que todo é de pedra. Rúas adoquinadas, casas, tendas, negocios, igrexas.

 Esta igrexa gótica, impresiona.

 

Xa na Aquitania, a primeira parada foi Angulema coñecida como "a cidade do cómic" dende 1974, tras acoller ao festival internacional da novena arte máis prestixiosa de Europa. Cidade do val regado polo río Charente.

Unha catedral primixenia foi construida durante S: IV. O edificio desaparece no momento da toma de Angulema por Clodoveo I, cando vence aos visigodos tras a victoria na batalla de Vouillé, cerca de Poitiers, no 507. A segunda catedral foi construida hacia 560 que tamén foi incendiada polos normandos.

Hoxe en día a Catedral de Angulema, é de estilo románico, iniciada cara o ano 1100 e consagrada en 1128, declarada Monumento histórico de Francia en 1840 e na actualidade como, vedes, segue en obras, é chamada Catedral de San Pedro

Por suposto visitamos o museo do Cómic
E como non foto con Corto Maltés e con Hergé (o creador de Tintín)

A seguinte parada foi Bordeaux. Cidade impresionante e facil de camiñar,situada na ampla desembocadura do río Garona, as súas longas rúas, os seus edificios e o seu ambiente... chaman a atención. 

En tempos dos romanos, Bordeaux foi unha cidade relevante no Imperio e na Idade Media viviu un importante desenvolvemento, grazas ao impulso do comercio do produto máis famoso da rexión, o viño.

Caracterízase a cidade polas súas portas: Porta da campá
Monumento aos Xirondinos
Ao fondo o Garona
Rúa importante lembrando o covid

Xa camiño da casa paramos en Ágreda, ao pé do Moncaio, na provincia de Soria, vila moi curiosa onde están representadas históricamente as tres culturas da Península: cristiá, xudea e musulmá . 

Ao fondo o Moncaio

Arco árabe
Paseo , co Moncaio ao fondo.
E vai chegando a fin da nosa viaxe despois dun duro confinamento.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Viaxe a Panamá e Oeste de EEUU. Xaneiro 2024

Viaxe ao SUDESTE ASIÁTICO. Vietnam. 2023