Entradas

Febreiro 2026: Perú. e Marzo :Costa Rica. Nicaragua. EEUU

Imagen
Esta viaxe estaba prevista para 2025. Temos curmáns no Perú e levabamos tempo querendo visitar a Luís e ao seu fillo Hugo. Así xurdiu a idea. E unha vez que cruzas o Atlántico e sofres un voo de máis 12 horas, tes que aproveitalo ao máximo... O plan era ir a Perú, Nicaragua e despois aos Estados Unidos pero non se podía voar directamente de Perú a Nicaragua; tiñas que facer escala en Costa Rica e pensamos que, como estabamos de paso, podiamos botar unha ollada á capital el algúns dos parques do país. E así foi como comezou todo. Ao irmán de Luís, Xabier, gustoulle a idea de ir a Perú, así que comezamos a organizar unha viaxe familiar. Cloti e Xabier estaban convencidos de que só irían a Perú. Fixamos as datas e o primeiro foi reservar o voo de ida, pero como estaban tan seguros de que querían volver, reservaron tamén os voos de volta. Estiveron connosco 21 días. Ao mesmo tempo, Benito e eu estabamos pensando en como continuar a nosa viaxe, xa que só tiñamos os nosos billetes de ida. ...