Entradas

Mostrando entradas de enero, 2022

Terceira parte. Viaxe por Albania, Macedonia do norte e Serbia.

Imagen
Ola, a viaxe continúa, esperamos que gozarades o contado ata agora. De Montenegro nos dirixímonos a Albania, estivemos en Durres, Ksamil, e Tirana, seguimos logo por Macedonia do Norte e Serbia. . Seguiremos compartindo esta experiencia Vouvos falar da visita a Durres, estamos a 17 de outubro. Alugamos, como fixemos ata agora, un piso no centro da cidade. O propietario era moi simpático díxonos que o piso estaba ao lado da casa da súa nai, e que  tiña garaxe no patio da casa. Cando chegamos preguntámoslle se tiña cafeteira, díxonos que non, que os albaneses adoitaban tomar café no bar e buscamos a forma de facelo nós, (mercamos un coador e con servilletas de papel, tiñamos organizado o xeito de facer o café), gústanos almorzar na "casa". Fomos ver a zona e cando volvemos ao piso, atopamos unha cafeteira nova diante da porta, pareceunos un bonito detalle. Durrés foi fundada polos gregos, está considerada a cidade máis antiga deste país e é, despois da capital, T