Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Un paseo pola Mariña

Imagen
O concello de Foz está situado na vertente máis norte da provincia de Lugo, a uns 5 metros sobre o nivel do mar, pertencente á comarca da Mariña Central. Na desembocadura do río Masma fórmase a Ría de Foz, cunha superficie de 100,29 km² e 10.002 habitantes. O xentilicio dos habitantes de Foz é focense para o xénero neutral, focego para o caso dos homes e focega para o caso das mulleres. En 1987 déronlle a Benito a praza definitiva en Burela, e alá fomos como non podía ser doutro xeito, pero o día que fomos buscar a casa para vivir, gustounos máis Foz e alugamos un piso alí. Benito viaxaba todos os días ata o instituto, hai unha distancia duns 14 km. O piso que alugamos estaba nunha urbanización chamada "Las Torres", o noso estaba no andar 14, era o penúltimo, tiña unha vista incrible da vila e da costa. Hoxe en día xa non se poden ver os edificios dende a praia, a "torre" está cuberta por outras novas edificacións. Cando viviamos alí podíanse ver desde todas as pa