Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

Viaxe de xubilación, 12 de outubro( 2ª parte)

Imagen
Deixamos a Europa do Leste. Comezou a nosa viaxe o 8 de setembro e estamos no 12 de outubro, a aventura continúa . Comentei na primeira parte da viaxe que serían dúas partes, pero estoume dando conta de que esta segunda parte é moi longa, e para que a poidades ler con gusto e viaxedes connosco , por iso decidín facer unha terceira parte. Nesta segunda trátase de Grecia e na seguinte o Adriático: Gyrocastra, Tirana, Kotor e Dubrovnik.  Así que comezo o relato do percorrido polo Mediterráneo dende o mar Exeo ata o Adriático, dende Tesalónica a Dubrovnik, facendo as nosas paradas e estancias. Saímos de Sofia camiño de Tesalónica, 293 quilómetros, no bus, unha viaxe que se fai longa no tempo pero a verdade que entretida. Chegamos cara o mediodía a Salónica ou Tesalónica que é a segunda cidade de Grecia, capital da periferia de Macedonia Central, porto importante do norte do Exeo no golfo Termaico. A súa área metropolitana ten unha poboación de 1.104.460 habitantes censados.