Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

Viaxe ao SUDESTE ASIÁTICO. Cabodia- Tailandia. Febreiro 2023

Imagen
  24 de febreiro,  Chau Doc, como comentamos na outra crónica, foi o último lugar que visitamos en Vietnam; é o punto fronteirizo entre Vietnam e Cambodia. Todos os viaxeiros que queiran cruzar a fronteira entre os dous países deben pasar por esta cidade. Desde aquí parten os barcos que se dirixen á capital de Cambodia, Phnom Penh, navegando polo río Mekong (o río é  un dos máis longos do mundo, atravesando China, Myanmar, Tailandia, Cambodia e finalmente Vietnam para formar este delta no seu tramo final ata o océano).   Foi unha viaxe de 5 horas, pero a fixemos  moi ben. Saímos moi cedo para coller o barco-bus, o sol estaba a saír e disfrutamos dun fermoso amencer. Porto de Chau Doc Saímos do noso  hotel ás 6:30, tiñamos que estar no Hotel Victoria, que é de onde saen os barcos, ás 7 da mañá pero ao final saímos  ás 7:30 horas. Chamounos a atención ver "eucaliptos" na beira do río, non só é esta especie invasora que vimos, se non tamén especies do xénero Cortaderia, es