Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Viaxe ao SUDESTE ASIÁTICO.2023 :Singapur 2023

Imagen
  Esta viaxe foi inesquecible, estivemos do 25 de xaneiro ao 24 de marzo. Vouvos falar dos lugares que visitamos e contar un pouquiño do que alí fixemos. Agardo que desfrutedes connosco. Neste tempo visitamos Singapur, Vietnam, Cambodia e Tailandia.   Comezamos por Singapur.   O 26 de xaneiro, chegamos a Singapur . No aeroporto tivemos que facer unha serie de trámites de entrada: declaración de saúde e covid, cambiar euros á súa moeda, o dólar de Singapur (aproximadamente 1 euro = 1,5 SGD), cargar a aplicación de taxi (Grab) e comprar unha tarxeta de datos para cada teléfono. A continuación chamamos ao taxi, costou 18,80 SGD e fomos ao hotel que tiñamos reservado, o hotel Rest Bugis.      Fomos  a un hotel porque as casas de aluguer son moi caras, e ademais non hai moita oferta. Trátase dun país no que a xente se despraza da contorna para ir traballar. O hotel estaba céntrico e tiña todas as comodidades, zapatillas, un quentador de auga, paquetes de café e paquetes de leite