Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

Viaxe de Xubilación, setembro 2019

Imagen
  VIAXE de XUBILACIÓN 2019 Queremos compartir esta viaxe polos países do Leste e do sur de Europa. Foi unha viaxe feita con moita ilusión, eu xa levaba xubilada uns meses e Benito comezaba a súa. Sabiamos cando comezaba pero non cando ía rematar, de feito estivemos dous meses e vinte días. O primeiro destino foi Ucraína, concretamente a súa capital, Kiev, e o último Dubrovnik, en Croacia. Van ser dous blogger unha primeira parte de Kiev a Sofia e unha segunda parte de Tesalónica a Dubrovnik, pois fixemos moitas paradas dun destino a outro, coas súas tres noites. 18 de setembro 2019 Día de saída, só levabamos aloxamento para o primeiro destino e logo iamos decidindo sobre a marcha. A maleta non podía ser moi pesada, pois non sabiamos en que medio de transporte nos moveriamos, e houbo de todo: trens, buses, avión;   tiñamos que pensar que atopariamos calor e frío, chuvia e sol, entón era moi importante que roupa levar, onde íamos a pasar esas tres noites, se en hoteis ou aparta