Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

Viaxe ao SUDESTE ASIÁTICO. Vietnam. 2023

Imagen
    Esta viaxe foi inesquecible, estivemos do 25 de xaneiro ao 24 de marzo. Vouvos falar dos lugares que visitamos e contar un pouquiño do que alí fixemos. Agardo que desfrutedes connosco. Neste tempo visitamos Singapur, Vietnam, Cambodia e Tailandia.     Rematou a viaxe a Singapur., que xa compartin con todos vós, seguimos a nosa viaxe. Agora imos a  Vietnam.      29 de Xaneiro Día de traslado de  Singapur camiño de Vietnam . Fomos ao aeroporto nun Grab, ás 17:30 e chegamos a Hanoi, cambiamos cartos e compramos tarxetas de datos, esperábanos un taxista que acordamos previamente co propietario do piso, cobrounos 350.000 Dong, 1E= 25.000, chámanlle 25K. Estivemos en Vietnam do 29 de xaneiro ao 23 de febreiro, viaxamos por toda a costa ata Chau Doc. Impresionante país e cidadáns. Gustounos moito , cando rematou a viaxe a Vietnam, seguimos uns 15 días máis, queriamos ver Cambodia e algo de Tailandia , xa vos contarei un pouco máis adiante, vou deixar esta parte só con Vietnam e unha