Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2022

A nosa viaxe a EEUU.23 Maio- 23Xuño 2022

Imagen
Voltamos de Menorca, unha illa moi bonita, e tiñamos pensado facer unha viaxe a EEUU, antes da chegada do verán, xa que en xullo e agosto estase mellor na casiña, e así foi. Vouvos contar as nosas experiencias. O primeiro lugar que visitamos foi Atlanta, aquí alugamos un piso, e tamén seria  a cidade á que regresariamos para voar a Madrid. De Atlanta no estado de Georgia, fomos a Nova Orleans en Louisiana, seguido de Houston e Dallas en Texas, Oklahoma City, capital do estado do mesmo nome, Denver e  Gramby en Colorado, Thomson Springs en Utah, Dinosaur de novo en Colorado e Cheyenne en Wyoming. Volvemos a Denver, de aí a Atlanta, Madrid e Pontevedra, para casa. Fixemos viaxes en autobuses, avións domésticos, alugamos un coche. Foi unha boa experiencia. Pasaron moitos contratempos, pero todos se superaron, atrasos de 4 horas no autobús e ninguén dixo por que, tamén cancelación do bus sen devolución, e aviso despois das 5h:30 de espera, e iso contradiciu os nosos plans, xa que r