Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

Fin da Viaxe:Thomson Springs, Rangely, Cheyenne , Denver, Houston.

Imagen
Fin da viaxe. É o 11 de Xuño e d ende Gramby viaxamos a Thomso n Springs , Camiño da América profunda, paramos no medio do deserto, con temperaturas arredor dos 40 graos, e escollemos unha pequena ruta sendeirista dun par de quilómetros de interese xeolóxico, a ruta do Rabbit Valley trail Through time, nun entorno propicio onde vivían no seu tempo os dinosauros herbívoros e os seus depredadores carnívoros.  Un paseo moi interesante pero nun día infernal.   Pola tarde chegamos ao noso destino, unha vila pantasma, onde pasamos tres días Thompson Springs , casas abandonadas e algunhas casas móbiles espalladas; esta vez estivemos nun hotel, o único da zona "Hotel Desert Moon", foi construído no ano 1936, é de de madeira, un antigo hotel de mineiros, e que hasta hoxe se mantívo practicamente igual, tiña 6 cuartos pequenos con lavabo e dous baños comúns para os diversos hóspedes. Ao lado do hotel un patio cuberto cheo de po, alí coñecimos a Sam e Lucy unha parella de mot