Marrocos pola costa. De Tánxer ao Sahara Occidental
Esta viaxe tiñámola planeada dende había tempo, e tres días antes de partir de Pontevedra para Cádiz produciuse un terremoto neste país, na zona de Marraquesh e arredores . Pensamos moito , non sabiamos se eramos moi atrevidos, se se podía facer con coidado e, por suposto, sen molestar nos traballos de rescate que se estaban levando a cabo coa axuda humanitaria de varios países. Finalmente, decidimos modificar o percorrido, evitando a zona máis afectada polo sismo e seguir co previsto valorando sobre a marcha si merecía ou non a pena seguir.
O terremoto de Marrakech-Safi de 2023 acadou a magnitude 6,8 que afectou a esa rexión de Marrocos ás 23:11 hora local (22:11 UTC) do venres 8 de setembro de 2023. Nos saimos catro días despois, o día 12.
A maioría dos falecidos foron en vilas montañosas, cuxas antigas e precarias casas de adobe foron destruídas polo terremoto.
Marrocos, situado na falla entre as placas tectónicas africana e euroasiática, vén sufrindo grandes terremotos, como o de 1960 en Agadir e o de 2004 en Alhucemas. Porén, os marroquís non só habitan en vivendas inseguras construídas con ladrillos de barro, senón que non tomaron medidas preventivas para responder aos desastres.
Os terremotos que afectan a Marrocos adoitan producirse en dúas zonas principais. A primeira está situado fronte á costa norte , ao longo da zona de transformación Azores-Xibraltar e a súa continuación cara ao leste no mar de Alborán. A segunda está en terra, ao longo das montañas do Rif, no norte de Marrocos, e do Atlas, no noroeste de Alxeria. Pola contra, os terremotos ao longo do cinto do Atlas, como o que ocorreu o 8 de setembro, son moito menos frecuentes.
Miles de mortos e vilas borradas do mapa foron só algunhas das consecuencias do sismo que, de se teren adoptado medidas preventivas na construcción, con mellores edificios, os danos teríase minimizado.
Estivemos un mes, seguimos a costa, por cidades e as aldeas. O que tiñamos claro era non ir aos lugares onde se produciu o terremoto nin ás grandes cidades que xa coñecíamos e non tiña moito sentido. Estorbar ou arriscar. Si, estivemos atentos á actualidade, tanto da televisión como da prensa.
A día de hoxe hai vivendas e colexios pendentes de reconstruír, foron unhas 49.632 vivendas danadas segundo o Goberno e, arestora, aínda hai familias que malviven en tendas de campaña.
Chegamos a Cádiz. Durmimos nunha casa duns amigos en Jerez de la Frontera e ao día seguinte dirixímonos os catro a Tarifa xa que é a ruta de transbordador máis curta e rápida que une España con Marrocos. A travesía de Tarifa a Tánxer ten unha duración aproximada dunha hora e, polo menos , oitos saídas ao día..
Pasamos tres noites xuntos en Tánxer. Eles volveron a Jerez o cuarto día e, como estaba previsto, nós continuamos a viaxe, rumbo a Larache e toda a costa ata o Sahara Occidental. En Tánxer estivemos cun traballador español de axuda humanitaria e asegurounos que, na ruta que escolleramos non habiamos de ter ningún problema.
En Tánxer pasámolo moi ben. Primeiro aloxámonos no Hotel Alhucemas, no centro. O inicio da xornada foi no Café de Paris: café con tostadas. E xa estabamos preparados para continuar o día. Camiñamos pola kasbah, a medina, o bulevar. O venres, día santo musulmán, e non podía ser doutro xeito, comemos cuscús, eu con verduras e os demais con carne. Moi bo por certo. O lugar chámase "El Dorado", Non lembro a rúa, pero está moi preto do bulevar, calquera persoa natural de Tánxer sábeo. É famoso. Moi preto deste está o Bachid, típico para comer peixe. E os prezos son moi baratos.Pode custar 40 dirhams por persoa, é dicir 4€.
En Marrocos non se bebe alcohol pero hai sitios onde se poden tomar cervexas e mesturas. Chamounos a atención un establecemento ao que fomos, claro que o prezo da cervexa local aproximábase aos tres euros, pero comezaron a ofrecer unha serie de tapas coa bebida, tanto carne, peixe, gambas e, finalmente, froita. Incrible'. Por tres euros acabas ceando moi ben. Un chamábase Carousel e o outro Le coeur de Tanger. Este último está case ao lado do café de París. Un dos nosos amigos, foi profesor, nun instituto español en Marrocos hai anos, polo que foi o mellor guía que puidemos ter. Nós, Benito e eu, estiveramos hai uns 30 anos e atopamos a cidade moi cambiada, máis limpa, máis coidada. Daquela non era tan europea.
Non podía ser doutro xeito, visitamos o café Hafe, situada na parte superior do cantil con vistas á baía de Tánxer e onde Sean Connery e os Rolling Stones entre outros, sentáronse a gozar dun té de menta, e, por suposto, tamén nos.
Algunhas imaxes camiño da medina.
Visitamos o mercado.
Gustounos aquel pequeno recuncho florido,e fixemos unha foto, buscabamos unha pausa para o café.
Ana e Toño, como xa comentei, tiveron que volver a Jerez e nós seguimos pola costa co noso plan. Pero antes de saír ao barco, au ferry, que era á última hora da tarde, aproveitamos a mañá para estar xuntos e fomos a Cap Spartel, A 15 quilómetros de Tánxer. O día era gris, chovía... pero gozamos. O especial deste cabo é a unión de dous mares, o mar Mediterráneo e o océano Atlántico.
Comemos un pouco de esquisito peixe fresco e marisco fritidos e demos un pequeno paseo despois de comer.Tivemos que volver a Tanxer para que colleran o barco a Jerez. Despedímonos e nós seguimos camiño a Larache.
Cap Spartel.
Comida de peixe en cabo Spartel. Estaba deliciosa
Cando íamos camiño de Larache, lembreime de que pasamos moi preto de Asilah, unha pequena vila de pescadores, onde estiveramos hai máis de 25 anos, con Ana, a nosa filla, aínda moi pequena, na casa dun irmán que a mercara alí. Arestora é moi diferente a como a coñeciamos, unha vila pequena á beira do mar e agora totalmente europeizada Iso si, está moi ben coidada.
O casco antigo ou Medina, está delimitado por murallas e portas ben conservadas, construídas polos colonos portugueses no século XV. A medina é un centro artístico coñecido polos seus murais e polo festival anual Moussem Culturel International d'Asilah.
A verdade é que foi unha visita relampago. Non paramos moito, pero si vimos o cambio na cidade.
Estivemos tres días a Larache,
tamén a coñeciamos, pero atopámola bastante cambiada. O porto está ampliado, cun bo
paseo. A rúa principal segue mantendo os mesmos hoteis e cafeterías que hai 30
anos, o Café España e o Café Cervantes si sufriron co paso do tempo e estaban bastante deteriorados, pero as terrazas
seguían cheas de veciños.Esta cidade tivo unha gran importancia durante o protectorado español, e a impronta española é moi evidente . Conserva fermosos edificios da arquitectura colonial española, así como nomes de restaurantes, hoteis, rúas e prazas en español.
Chaman a atención o pequeno zoco e a medina, con rúas estreitas e casas pintadas de azul intenso que baixan cara ao porto. Ao fondo unha das mesquitas
. Achegámonos ás marismas e como tiñamos prismáticos
vimos flamengos rosas.
Algunhas imaxes da cidade Larache.
Paseo marítimo do porto.
Esta viaxe estámola facendo no noso coche. Estase portando ben, aínda que tivemos que cambiar as rodas
dianteiras porque tiñamos un cravo grande nunha delas. Pagamos150€ en metalico. Non aceptaban tarxeta.
De noite é cando a xente sae de compras ao zoco,en todas as cidades marroquís Enchese de xente, nenos, adultos, mozos.
Cea .O peixe está xenial
De
Larache trasladámonos a Azemmour. EstivemosEtres noites. Azemmour, Non a coñeciamos. É unha vila pequena e está
bastante descuidado, comparado cos outros lugares nos que estivemos, pero ten moito atractivo.
Azemmour é un enclave histórico de Marrocos que viu pasar diferentes culturas ao longo da súa historia. Crese que a súa fundación remóntase ao século VI a.C., cando era coñecida como Azama. Estivo habitado polos fenicios, os cartaxineses e os romanos, ata que foi conquistado polos musulmáns no século VIII.
Durante a época medieval, Azemmour converteuse nun importante centro comercial e cultural da costa atlántica de Marrocos.
No século XVI, a cidade foi tomada polos portugueses, que a utilizaron como base para a súa expansión polo sur de Marrocos. Os portugueses construíron unha fortaleza.
Azemmour ten algunhas das praias máis espectaculares da costa atlántica de Marrocos, como a praia de Sidi Bouzid.Non me atrevín a nadar, había moitas ondas pero foi moi agradable, Tomamos uns bocadillos de queixo e tomate e despois de tres horas, volvemos á casa que tiñamos en aluguer. Unha ducha e a rúa.
Hoxe é un día máis ca gris. Decidimos facer unha excursión dun día, ir á cidade de El Jadida, construída polos portugueses no século XVI, e celebrar o seu venres festivo, tomando cuscús, como é o seu costume.
É 22 de setembro e aínda estamos nestas marabillosas terras e queda un mes para que volvamos á nosa casa. Aínda temos moito que contarvos.
Vouvos falar de El Jadida, a visita que fixemos. Foi Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a zona antiga, rodeada de murallas, conta con cinco baluartes desde os que se contempla o mar, o peirao e a cidade nova.
Foi tomada en 1502 polos portugueses, propietarios da cidade ata 1769, cando decidiron abandonala.
Demos un paseo ata a hora do xantar. Practicamente percorremos toda a zona amurallada e algunhas rúas secundarias.A praia é enorme. Despois volvemos a Azzemour que era onde tiñamos o piso. A excursión foi moi agradable
O cuscús estaba moi bo.
Volvemos de novo a Azemmour. Fomos ao apartamento e saímos a dar un paseo polo zoco que estaba cheo de xente pola noite mentres nos despedimos desta cidade para ir a Essauira ao día seguinte. Nesta viaxe calculamos ben as distancias dunha cidade a outra. Queriamos que a viaxe non fose difícil e ver como evolucionaba as secuelas do terremoto
Día 23 camiño de Essaouira. Fai 35 anos que visitamos esta cidade. Como cambiou¡¡ case non a recoñecemos.
Chegamos sobre as 16:00h. Fixemos unha pequena compra nun Carrefour (unha cadea que se ten expandido por Marrocos e onde se pode comprar cerveza e viño ás veces), porque como xa sabedes adoitamos ir a apartamentos . Este está xenial, mirade as fotos. Ten tres salóns de tres estilos diferentes 😉.
A medina é moi grande. As tendas son típicas. Moitas con obxectos de madeira, concretamente de raíz de tuia, moi ben traballados.
Hoxe domingo 24 de setembro, pola mañá había moita xente paseando. Observamos que é unha cidade moi turística. Azemmour e Larache reciben menos turistas. Essaouira é un destino turístico internacional dende fai moitos anos e está ateigada de visitantes. Hai xente de toda europa e de sudamérica pero predominan os españois.
Entrando por unha das súas tres portas, Bab Sebaa, Bab Marrakech e Bab Doukhala, atoparás un labirinto de rúas salpicadas de casas con fachadas brancas e portas azuis, lonxas, zocos de artesáns, cafés, restaurantes e unha mesquita.
Camiñando un pouco atopamos un castro con vistas ao mar e numerosos canóns. Presenciamos unha posta de sol impresionante, pero todos os bos lugares para fotografar estaban cheos de xente.
As murallas defensivas con 19 canóns
.
Visitamos o porto, alí atopas mariñeiros reparando as embarcacións, outros descargando a mercadoría, moitas gaivotas arredor do peixe, postos na rúa para comer peixe acabado de pescar e de cociñar . Tamén son típicas as lagostas á brasa. Hai unha gran actividade.
O Porto
Percorremos esta fermosa cidade e practicamente pola noite case todos os días. Pasamos pola torre do reloxo que forma parte das murallas e está preto das portas de entrada á Medina Bab Sbaa e Bab El Mechouar. Había moito ambiente. Sobre todo pola noite . Durante o día estaba máis baleira.
Torre do reloxo de noite
A Medina
Torre do reloxo de día
Unha das noite, xa cansos, ceamos na casa.
Hoxe tomamos o noso primeiro café ou té na praza,coma todos os días, aínda que almorzamos no noso apartamento. A praza de día estaba moi animada. Había un mozo alí para sacar cartos co seu casete e bailaba ao son da música, moi divertido...
Tamén fomos á praia, está a poucos pasos da Medina. Unha extensa zona de area bañada pola costa atlántica, moi admirada polos amantes dos deportes acuáticos como o kitesurf ou o windsurf.
Cando saíamos da praia para a casa, os nenos saían da escola. Todos co seu mandil branco.
Despedimos a praza onde se reúnen os turistas tanto de día como de noite.
Xa 26 de setembro.
Dende Essauira trasladámonos a Agadir onde estivemos 4 noites.
Despois do terremoto, de 1960 o goberno marroquí decidiu reconstruír a cidade e transformala nun destino turístico moderno e atractivo. Construíronse novos hoteis, instalacións deportivas e zonas residenciais, facendo de Agadir un dos destinos turísticos máis populares de Marrocos. Hoxe, Agadir é unha cidade moderna cunha escena turística vibrante e un importante centro económico e cultural no sur de Marrocos.
A praia de Agadir, inmensa, de suave area dourada e mar tranquilo. Ten nove quilómetros de lonxitude e está situado no corazón da cidade. Turistas locais e estranxeiros mestúranse neste contorno no que o bo tempo predomina case todo o ano. Alí tes todas as comodidades para gozar do baño e relaxarte: paraugas e hamacas para alugar e unha boa selección de cafés e restaurantes próximos á beira do mar.
A praia é coñecida pola práctica de deportes acuáticos como esquí, paracaidismo, vela, kitesurf, windsurf... Como é tan grande, en determinadas zonas de area -sen molestar para nada aos bañistas- celébranse partidos de fútbol e actividades con quads, dune buggies, paseos a cabalo e paseos en camelo.
Así describen os marroquís esta cidade, pero aínda que o pasamos moi ben, ao modernizala deste xeito para nós perdeu a súa esencia. Fomos á praia que percorre ese paseo que vos dixen é duns 9 km, e camiñabamolo todas as noites. Nunha época foi un importante destiño de turistas europeos, sobre todo de Francia e España pero tras o 11S e os atentados suicidas na cidade en 2003, o peor na Casa de España, este turismo desapareceu e na actualidade predomina o dos países árabes coma Paquistán. Na praia pódense ver moitas mulleres en burkini e moi poucas en bikini.
O Paseo , a lúa e o solpor
Detrás da praia está o bulevar Mohamed V. Fomos dar un paseo.
Pódese percibir o tipo de persoas que veñen pasar as súas vacacións a Agadir. Situada xunto ao porto comercial e pesqueiro da cidade, atópase o porto deportivo de Agadir ten 300 amarres para iates e veleiros de ata 30 metros de eslora.
Para entrar na cidade co coche pasas por unha especie de barreira policial.
Deixamos Agadir cara a Tiznit É unha antiga medina da cidade fortificada e rodeada por unha cidade máis moderna As murallas de Tiznit, almearas en ocre e rosa, son un atractivo. O muro de 8 m de altura está flanqueado por 56 torres e atravesado por 5 portas.
Unha das portas.
A orixe de Tiznit atópase nun pequeno pobo construído arredor dunha fonte que aquí desemboca naturalmente, a Source Bleue, que aínda hoxe se pode ver no centro A tradición popular atribúe a formación desta fonte a unha intervención divina para premiar o lugar onde a muller de malos costumes, Lalla Zninia, mostrou o seu arrepentimento sincero descansando aquí, cando todo era puro deserto.
Para ir á medina pasamos todos os días pola Mezquita Grande que, aínda que non se pode visitar no seu interior, pódese ver dende fóra e sorprende ver o seu minarete de adobe do que sobresaen ducias de traveseiros de madeira, que é un técnica de construción de reforzo como tamén se pode ver noutras partes do deserto do Sahara.
É unha cidade típica marroquí, onde o ritmo de vida e as actividades diarias apenas están influenciados polo turismo, polo menos nesta época. É famosa non só polo seu impresionante muro rodeado de palmeiras senón tamén por ser o corazón das xoias bereberes.
Todos os días parabamos a tomar o té antes do paseo e da cea e eran practicamente os veciños os que estaban con nós, moi poucos turistas e eu sóa de muller.
A verdade é que estivemos moi cómodos.A xente é moi amable.
A nova zona tamén ten o seu encanto, moitos xardíns, con ambiente familiar, paseando.
Na foto de arriba a Mezquita da zona nova.
Esta vez nos aloxamos nun Riad. Ía moita calor, e despois de pasear pola medina e tomar o café da mañá, e algo de comer, íamos darnos un baño na piscina do riad, descansar un pouco e volver ao centro.
O que nos custou o Riad con impostos e almorzo, 66 euros ao día, e quedamos tres noites. 200 euros.
Recomendamos para xantar ou cear L'ombre de l'iguera e Riad Le l'ieu, os dous fan boas ceas, pero o de máis movemento e ambiente é o primeiro. Por menos de 15€ ceamos os dous.
A seguinte parada foi Sid Ifni, Estabamos entrando no deserto alí as temperaturas , chegan a máis de 38 graos no mes de outubro Nese momento estabamos a 43 graos na estrada
Gustounos moito o lugar en si e o ambiente, ten un ambiente surfeiro, e sobre todo, os seus edificios, e os nomes das rúas zumegan lembranzas do pasado colonial
Un pouco de historia
Os edificios coloniais de estilo art déco lembran os tempos nos que era capital de provincia española; Para España, Sidi Ifni foi importante pola súa localización, fronte ás Illas Canarias e non moi lonxe das súas posesións no Sáhara Occidental. En poucos anos, os españois construíron unha cidade que tiña 20.000 habitantes e construíron un sofisticado porto pesqueiro.
España concedeu a condición de provincia a Sidi Ifni en 1958, así como aos seus territorios no Sáhara Occidental, con capital no Aaiún.
Finalmente, en 1969, principalmente polas presións da ONU e doutras organizacións internacionais, Francisco Franco decidiu entregar Ifni a Marrocos. Os soldados españois foron destinados a distintos puntos da Península, mentres que os marroquís permaneceron no territorio como antigos combatentes do exército franquista, polo que recibiron unha pensión nos anos posteriores. Cando Marrocos tomou posesión dese territorio, borrou todos os vestixios do español e o español foi erradicado.
Sexa como fora, a cidade aínda conserva numerosos letreiros cos nomes das rúas en español e moitos dos seus habitantes, sobre todo os anciáns, falan perfectamente o idioma.
Cine Avenida
Rúa Oviedo
Pola mañá fomos á praia, e pola tarde despois de ducharnos, saímos a dar un paseo pola costa e o atardecer e a posta de sol foron espectaculares.
A praia da cidade vista desde o paseo
Fomos á praia de Legzira, está a 10 km de Sidi Ifni, moi bonita, ten un arco natural, unha formación xeomorfolóxica que nos recordou a praia das Catedrais pola súa estrutura rochosa esculpida polo mar e o vento. Tiña dous arcos, un derrubado en 2016, aínda se poden ver os restos.
Hai moitos surfeiros, e como non podía ser doutro xeito, un par de chiringuitos, onde tomamos algo. Estivemos bastante tempo, a praia é enorme, pagou a pena. Ou malo, como todas as praias de Marrocos, é o paseo en camelo. Resulta un pouco triste ver a utilización de animais para dar gosto aos turistas sen ter en conta o seu benestar.
Non había moito turismo nesta época pero había algúns surfeiros, e moitos quedaron no Hotel
"La Suerte Loca", hai moitas lendas acerca deste nome, unha delas é: o dono, un lexionario, gañou varias veces a lotería e de aí o nome. Outra relata é que cando os españois sairon da cidade, o dono, para non vender mal, deixoullo a un empregado que dixo"
tiven unha sorte tola" e púxolle o nome ao hospedaxe-bar.
Como sabedes, o alcol non está permitido en Marrocos, pero tampouco hai lugares para iso. Pero aquí había un hotel que servía cervexas, moi caras, uns 3euriños, e despois de pasar pola medina,comemos uns peixes e, fomos ao Hotel Bellevue, a tomar unhas pintas de cervexa, a verdade é que nos sentaron moi ben, e os camareiros marroquís son moi simpaticos.
Dende
Sidi Ifni chegamos a Guelmim, porta do Sahara, hoxe vai un vento incrible, con
moito po do deserto. Esta vez a nosa estancia é nun hotel ,xa que non había moito que
alugar e preferimos esta opción. Mañá iremos á cidade para coñecela. Antes de vir ao hotel, paramos a comer cuscús, porque é venres. Só quedamos aquí dúas noites; despois imos ao Aaiún.
A cidade de Guelmim está situada no suroeste do país, preto do bordo noroeste do deserto do Sahara. Podemos dicir que é a auténtica porta do deserto.
É o centro e mercado de camelos máis importante do país, polo que recomendamos visitalo en Amhrich. Tamén abundan as cabras, e ovellas. O día máis importante do mercado é o sábado.
Esta zona é productora de mel e famosa polo seu cuscús vexetal e tajine de carne de camelo; alén da súa variada artesanía con xoias, marroquinería, bordados e alfombras.
O cuscús non podía fallar
Foi moi interesante ir velo. Que pensamos sobre a venda de animais? En todo o mundo se vende todo tipo de animais criados ad hoc, o malo é a venda de animais salvaxes que se ve en moitos mercados de marrocos nos que se se poden mercar camaleóns, lagartos e tartarugas vivos e de todo tipo secos ou disecados. Tamén se usan en tratamentos ancestrais pero isto é unha ameaza seria á biodiversidade. Afortunadamente dende a sinatura do convenio CITES ninguén pode levar ningún destes animais a outro país. En España impóñense elevadas múltas por istas cuestións de tráfico de animais..
A seguinte parada foi El Aaiún, SAHARA OCCIDENTAL, viñemos cun pouco de medo, polos conflitos con Marrocos e coa República Árabe Saharaui Democrática, pero todo vai moi ben. A policía parounos, pedíronnos o pasaporte, pero sen problema. Na actualidade ten unha poboación aproximada de 200.000 habitantes . Marrocos ten investido moitísimo para poboalo con colonos e construír inmensos barrios novos para asentar a esta poboación crecente.
El Aaiún ofrece lugares para visitar como a Catedral Española, praza Mechouar. Case todos os días nos achegamos a ela, xa que tiñamos que coller un taxi, case sempre compartido, para ir do apartamento ao centro da cidade.
Praza Mechouar.
Un día achegámonos á praia de Foum el Oued. Estabamos practicamente sós. Non se podía nadar. Había ondas moi fortes e daban medo. Benito deu unha pequena carreira pola praia, e eu lin un pouco do libro que levaba. Estabamos cómodos.
Na praza, ao fondo as dunas do deserto.
Nun descanso.
Camiño a Dakhla
O deserto con aeroxeradores ao fondo
Dakhla, é dia 11 de outubro, no Sahara Occidental. A segunda cidade despois do Aaiún e durante o período español, foi coñecida como Villa Cisneros. Hoxe en día tamén se chama Dakhla.
Dakhla é un lugar tranquilo durante o día e animado pola noite cando as rúas e os seus mercados se enchen de xente. Xente moi simpática que deambula dun sitio a outro. Na propia cidade non hai praia pero ten un marabilloso paseo marítimo con algunhas terrazas e restaurantes. Fomos ao restaurante Villa Dakla, está situado no paseo marítimo, cunha terraza con vistas ao mar. Era un pouco caro, pero mereceu a pena,.Tiñan viño, cervexas, e o ambiente era surfeiro . Había moitos pescadores galegos, familias con nenos, foi agradable. En Dakhla aséntanse empresas mixtas Hispano-marroquís de pesca e aquí veñen moitos mariñeiros e patróns de pesca de Galicia, sobre todo de Ribeira.
Pola noite, como en todas as cidades e vilas, o ambiente é festivo. A xente sae á compra, a pasear e pódese ver a diferenza entre homes e mulleres, eles tomando o té nas terrazas e elas paseando coas súas amigas ou fillos.😌
Fixemos varias excursións. Visitamos o Faro e, por casualidade atopamos á hora de xantar un restaurante con terraza, vistas ao mar, e xardín, e alí pedimos unha paella. Estaba deliciosa.
A conta
Mentres agardabamos pola comida, vimos os surfeiros practicando.
O Faro.
O que ves son aloxamentos, imitando edificios tradicionais nos que adoitan albergar os kitesurfistas,
Toca planificar a subida. Imos ir un pouco máis rápido, decidimos ir a
Tan Tan Praia para pasar tres noites e parar a ver o cabo Bojador. As seguintes paradas son en Tafraoute, Safi, Kenitra e en Tánger, xa so unha noite e subir a España.
Cabo Bojador, é un municipio do Sahara Occidental ocupado e controlado por Marrocos. Ata 1976 pertenceu ao Sáhara español.
Unha das rotondas😉
Tan Tan, foi o punto de partida da Marcha Verde no Sahara Occidental en 1975.
O noso coche e onde paramos.
A cidade conta con extensas praias rodeadas de dunas. Un paraíso para os pescadores.
Foron días de descanso, de praia e de coñecer a vila.
A seguinte visita foi Tafraoute; xeoloxicamente, a zona de Tafraut é unha das máis interesantes de todo Marrocos.. Aquí imos facer un percorrido polo denominado “Val das Pedras Azuis” e a ruta polo Val de Ameln. Foi Jean Verame, o artista belga que chegou á localidade de Aguerd Oudad en 1984 -85 quen decorou con cores esta parte da rexión de Aoussift, un deserto coñecido polos seus xigantescos bloques de granito salpicados de árbores froiteiras, améndoas, argáns e figueiras. Moitas das rochas agrúpanse nunha soa cor, outras illadas, ciclópeas, redondeadas e fermosas sobre a paisaxe areosa e tranquila.
Tamén atopamos na ruta un longo palmeiral a uns 1.000 metros de altitude no val do Almein.
O día máis concorrido en Tafraoute é o mércores, día do zoco. No centro da vila atópase un pequeno mercado moi agradable con rúas reformadas, no outeiro dominado polo minarete. Os artesáns nas súas tendas ofrecen antigüidades, alfombras e artesanía, incluíndo as famosas zapatillas multicolores de punta redonda. As mulleres levan outros tipos de roupa, que nunca vira, roupa tradicional adornada con trenzas.
Benito atopou isto á venda entre a roupa do mercado.😕
O 20 de outubro fomos a Safi. Esta cidade estivo baixo dominio portugués dende 1488 ata 1541; Crese que a abandonaron aos saadís (estaban en guerra con eles), xa que a cidade resultou difícil de defender dos ataques terrestres. A fortaleza portuguesa foi construída para protexer a cidade e aínda se pode ver hoxe en día.
Paseamos pola antiga Medina, que é o casco histórico da cidade. Conta cunha gran cantidade de tendas e talleres de artesanía. Souk Street é a principal e máis activa rúa da cidade vella, onde podes atopar un gran número de postos de venda de produtos e artesanía local
Xusto antes de chegar á Gran Mezquita, á esquerda, pódese visitar a Capela Portuguesa. Despois de ter servido durante moito tempo como Hamman, aínda podemos admirar a súa bóveda con arcos decorados coas armas de Portugal e oito medallóns cuxos gravados representan emblemas relixiosos e armas señoriais.
Safi é famosa pola súa cerámica e conta con varios talleres e fábricas onde se pode ver como se fai esta. Incluso podes participar en obradoiros e clases para aprender a facer as túas propias pezas.
Entre a mesquita e o minarete hai un espazo sen edificar que puido formar parte do recinto do oratorio, así como os edificios que bordean polo leste a rúa que leva dende a arteria principal da medina ata o minarete, entre os que se atopan restos da inacabada catedral portuguesa. É moi probable que a primitiva mesquita fose derrubada para dar paso á construción do templo cristián, que comezou a construírse en estilo gótico tardío.
Preto do apartamento había un Riad, "Ryad du pecheur Safi" e fomos cear. Moi bo, e barato.
A seguinte parada no camiño a España foi Kenitra. Quedamos dúas noites. Kenitra é unha cidade de Marrocos, antigamente coñecida como Port-Lyautey. Atópase na costa de Marrocos, xunto á desembocadura do río Sebú, unha zona onde abundan lagoas e marismas. Capital provincial da rexión de Rabat-Salé-Kenitra. E xa que tiñamos prismáticos achegámonos á lagoa e ás marismas.Na lagoa de Sidi Boughaba puidemos ver flamengos, parrulos, cercetas, cullereiras, garzas cinsentas.
Xa estamos rematando esta viaxe por Marrocos, país que nos gusta visitar pero hai algo que nos gustaría cambiar. Non hai moito avance en materia de igualdade. Si vimos avances con respecto a outros anos que estivemos de visita por aqui, pero iso case non se percibe. Prácticamente 8 de cada 10 mulleres de Marrocos, entre 15 e 65 anos, non teñen traballo nin o buscan. Ocupan ese espazo que o patriarcado lles reserva na casa, coidando do marido e dos fillos. Ademais, a presenza feminina en postos de dirección empresarial, en altos funcionarios, etc. é mínimo. O divorcio, aínda que legal, é un proceso que ten moitos atrancos, sobre todo se é a muller a que quere divorciarse. Empezando pola enorme dependencia económica das mulleres en Marrocos -como vos dixen, poucas traballan- no caso das herdanzas, herdan a metade que os homes. A conexión dunha muller cun home pódese observar, en teoría, en tres situacións: solteira (no futuro estará vinculada a un home), casada (está vinculada a un home) e divorciada ou viúva (estaba vinculada a un home).
Durmimos unha noite en Tánxer, os nosos amigos agardábannos en Cádiz, Jerez de la Frontera. Estivemos con eles un par de días, e visitamos as vilas brancas.
A noite do 24 ao 25 de outubro alugamos un apartamento. Era tan ou de pouca diferenza cun hotel, e estabamos máis cómodos. Saímos a pasear e no bulevar atopamos unha manifestación de apoio a Palestina, que estaba moi vixiada, moita policía. Alí estivemos pouco tempo.Non queriamos problemas.
Volvemos a
Le coeur de Tanger,tomar unha cervexa. Tres euros por unha local. e aproveitamos para cear. Xa vos falei do lugar.
Mirade:
Agardamos que vos gustase a viaxe tanto coma nós.
Comentarios
Publicar un comentario