Unha semana en Carrapateira, o Algarve. Portugal

 

18 de Maio.

 Saímos moi cedo para facer tranquilamente esta viaxe.
A fin de semana foi moi dura e necesitamos saír, pasamos sete días de desconexión total, dentro do que puidemos, o punto de parada era Carrapateira, na Costa Vicentina,  pero fixemos algunhas paradas no camiño, porque a distancia era longa.

Unha das máis reconfortantes foi Vila Nova de Milfontes, Vila Nova de Milfontes é unha cidade portuguesa de Odemira, distrito de Beja, situada na beira norte do desfiladeiro do río Mira. Está incluído no parque natural do suroeste do Alentexo e da Costa Vicentina.

As rúas que conducen ao océano están cheas de pequenas tendas, bares e restaurantes. E vixiado por casas brancas con raias azuis que evocan o mar.

Demos un paseo pola vila e fomos comer pois ainda quedaba un longo percorrido ata o noso destino, Carrapateira.

Chamounos a atención unha cabina telefónica coma as inglesas, na que no seu interior había libros para intercambiar entre os habitantes do lugar.

Vimos as cabinas de lectura noutros lugares, pareceunos unha grande idea

O Forte de São Clemente é unha edificación defensiva construída sobre unha rocha sobre a desembocadura do río Mira, en Vila Nova de Milfontes. Este forte foi construído en 1602 para defender  a poboación contra os ataques piratas e o comercio marítimo que partía de Odemira. Na actualidade, o forte presenta algunhas modificacións no seu trazado orixinal, que se fixeron a partir de 1939, cando un particular o comprou en ruínas e o restaurou.


 

Carrapateira é unha vila da costa occidental do Algarve, Portugal. Caracterízase  polas súas fermosas praias, a praia de Bordeira, a pequena praia de Zimbreirinha e a praia de Carrapateira.

Carrapateira 

Onde estivemos aloxados, na Pensâo das Dunas, ademais dos cuartos, tamén había pequenos apartamentos e decidimos escoller un , planeamos quedarnos alí catro días e despois ir os tres  restantes de viaxe, un pouco máis ao sur, aínda non  sabiamos onde, pero estabamos tan cómodos que decidimos quedar e desprazarnos dende alí para coñecer a zona. 


 

 

A praia da Carrapateira adoita ser frecuentada por surfistas e bañistas, ten un ambiente natural e moi tranquilo.

Chegamos nun bo momento, deixamos a equipaxe e fomos ver a zona, as praias non son de difícil acceso, pero hai que camiñar un anaco e unha vez que chegas a elas atopas miradoiros, grandes rochas escarpadas, dunas, cunha flora diferente ás galegas, outra tamén igual, por suposto, pero si, o campo dunar era fermoso.

Camiñamos ata un dos miradoiros, unhas vistas espectaculares. Benito analizando as rochas ....


 O camiño


 


 

A praia de Amado é unha das mellores praias da costa vicentina. É un extenso areal con areas douradas moi suaves. A praia de Amado está bastante preto de carrapateira na propia praia atopamos unha pequena urbanización.

Trátase dun ambiente sen masas e que é unha das franxas costeiras menos poboadas de Europa, xunto cunha espectacular beleza xeolóxica cunha costa chea de cantís con ondas atlánticas rotundas e pequenos illotes que sobresaen a poucos metros da costa, o que fai dela , un lugar máxico para visitar. Ademais, nos pequenos lugares protexidos dos cantís onde se pode almacenar a area, hai pequenas calas moi pouco desenvolvidas onde os surfistas e os windsurfistas realizan as súas acrobacias e hai unha grande intimidade.
 
Fixemos unha ruta circular dende Carrapateira ata a praia de Amado, era unha ruta pequena,  ía moita calor. Cando chegamos á praia, o primeiro que fixemos foi parar no chiringuito e despois bañarnos no mar, pero con moita precaución, había moitas ondas.
 
O camiño á praia




 

Praia de Amado 

 

 

Pasamos o día alí e, de volta, atopamos vacas pastando, o son dos chocallos era espectacular, impresionante, no medio da nada.

 

Fixemos algunha excursión máis, achegámonos ao Cabo de San vicente, Sagres e Lagos.

Sagres, no Algarve, é o punto máis suroeste de toda Europa. Forma parte do concello de Vila do Bispo. É moi visitada no verán, aínda que recibe amantes do surf durante todo o ano xa que as súas praias son perfectas para practicar este deporte. A fortaleza ou fortaleza de Sagres, está situada na punta do cabo. Desde aquí tes unha incrible vista sobre o cabo de San Vicente e a costa que o rodea. Tanto a fortaleza como a cidade de Sagres estaban en total abandono cando Enrique o Navegante a recibiu como doazón. Despois de ser reconstruído, o complexo tivo unha grande importancia na primeira fase das viaxes portuguesas de descubrimentos. Aquí refuxiáronse e repararon os barcos. Tamén había un hospital dirixido pola orde franciscana. Aínda se conservan varios edificios históricos, construídos orixinalmente no século XV e reconstruídos varias veces. Os danos máis importantes foron os sufridos a mans do exército do corsario británico Sir Francis Drake en 1587 e os das xigantes ondas causadas polo tsunami que creou o terremoto de 1755.

Fortaleza


   Os funcionarios estaban en folga e non puidemos visitala.

 

 

 
Enrique o Navegante



Nesta foto de fondo pódese ver o cabo.


Demos un paseo por Sagres, comemos algo, tomamos un baño na praia e despois achegámonos ao Cabo.

A praia da cidade  




Pola tarde achegámonos ao Cabo, tampouco puidemos entrar pero os seus cantís son impresionantes, déixovos algunhas fotos.


 
O faro que vemos hoxe foi mandado erixir por María II de Portugal en 1846.É un lugar con impoñentes cantís que ofrecen vistas espectaculares do Atlántico.A vexetación que rodea o cabo é bastante escasa, xa que estamos ante unha paisaxe agreste onde sopra o vento cunha forza inusual.

Os Cantís 


 

A súa paisaxe agreste .


Mapa onde con boa vontade podes ver parte da ruta vicentina.

  



 Ata a próxima.


 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Viaxe á Bretaña Francesa Setembro 2020

Viaxe ao Deserto. Marroco, Decembro de 2022

Fin da Viaxe:Thomson Springs, Rangely, Cheyenne , Denver, Houston.