Viaxe a Portugal

Viaxe a Portugal. Outubro 2020 Esta viaxe foi moi pensada e planeada, era xa para o verán, por mor do Covid 19 foise aprazando , e como seguiamos co bicho en Galicia e non tanto en Portugal , decidimos levalo adiante.Alugamos unha casa no Bairro do Casal, situada na vila de Murça, preto de Vila Nova de Foz Coa.Estivemos tres días, chegamos moi tarde, case ás nove da noite, levabamos algo para cear, fixemos unha ensalada, e coa neveira da casa que estaba chea de víveres: queixo, xamón, froita, viño, augas ... amañamos unha cea estupenda e, de paso, organizamos o día seguinte. Decidimos visitar primeiro os gravados rupestres da arte do paleolítico e logo o museo. Tiñamos que ir cun guía, se non non se poden visitar. O guía, Ricardo, contounos como o pobo conseguiu paralizar a construción da presa, que de facerse asolagaría os gravados. Estes foron descubertos nos anos 80, que é cando Vila Nova de Foz Coa é coñecida, son gravados...