Viaxe a Portugal

 

Viaxe a Portugal.  Outubro 2020

 

 

Esta viaxe foi moi pensada e planeada, era xa para o verán, por mor do Covid 19 foise aprazando , e como seguiamos co bicho en Galicia e non tanto en Portugal , decidimos levalo adiante.Alugamos unha casa no Bairro do Casal, situada na vila de Murça, preto de Vila Nova de Foz Coa.Estivemos tres días, chegamos moi tarde, case ás nove da noite,  levabamos algo para cear, fixemos unha ensalada, e coa  neveira da casa que estaba chea de víveres: queixo, xamón, froita, viño, augas ... amañamos unha cea estupenda e, de paso, organizamos o día seguinte. Decidimos  visitar primeiro os gravados rupestres da arte do paleolítico e logo o museo. Tiñamos que ir cun guía, se non non se poden visitar. O guía, Ricardo, contounos como o pobo conseguiu paralizar a construción da presa, que de facerse asolagaría os gravados. Estes foron descubertos nos anos 80, que é cando Vila Nova de Foz Coa é coñecida, son gravados ao ar libre na bacía do val do río Coa, afluente do Douro. Na actualidade é un dos centros arqueolóxicos da arte rupestre de Europa declarado Patrimonio da humanidade pola Unesco en 1990, baixo a denominación “Sitio de arte rupestre prehistórico del valle del Coa “

 Esperando ao guía

Como vedes estamos tres, dos colaboradores do proxecto do blog devellabella.

 O Xacemento de Penascosa é o que conta cos gravados máis importantes; pero o do Canedo do Inferno presenta un lugar perfecto para comprender o perto que estiveron de desaparecer todos estes restos debido á construción da presa próxima, que quedou a medio construír  

Estímase en máis dun millar o número de pinturas rupestres  que corresponden ao paleolítico, con especies representadas como o uro, o cabalo, a cabra montesa e o cervo. A maioría dos gravados realizáronse  sobre paredes rochosas verticais. As  representacións consisten en figuras zoomorfas (animais xeralmente gravados de perfil); figuras antropomorfas, en xeral simbolizadas con menor realismo que as zoomorfas; trazos de incerta interpretación; e adornos indeterminados.
Fotografías da arte paleolítica ao ar libre

 


Reprodución dun gravado no museo para a súa explicación


 O noso guía Ricardo

Mapa indicativo de restos prehistóricos na P. Ibérica


 


Ao rematar a visita  fomos xantar ao museo, unha comida non copiosa, para poder estar en forma, despois de comer dá o sono, pero moi ben, compartimos un bacallau e unha “vitela", e continuamos coa visita  ao museo que é moi didáctico.

 Abaixo unha imaxe ilustrativa dun dos seu recursos explicativos.


 

Vista do exterior do museo


Ao fondo o río Coa

 


Ao fondo do exterior do museo, o río Coa

 


Á noite, dado que co cambio de hora o día é máis curto, decidimos ir para a casa alugada, pero a dona comentou que un restaurante que estaba preto podería levarnos a cea, e iso fixemos.

Foi unha noite alegre, de risas e organizar o día seguinte.

Vista da aldea dende a casa,


A igrexa da nosa aldea



A entrada da casa que alugamos


Decidimos ir ao día seguinte a Freixo de Numâo, freguesía  do concello de Vila Nova de Foz Coa,  coñecer a vila, e visitar o museo da Casa Grande .

O museo atópase instalado nunha casa barroca con cimentos romanos con restos arqueolóxicos que datan  dende a idade de pedra ao século XVIII..

 

 

Exterior do museo Casa Grande

 

 Verraco   


 

É unha escultura zoomorfa, coñecida como a porca de Murça, ten clara relación cos verracos da cultura vettona que se estenden  polas provincias españolas de Ávila, Salamanca, Zamora, Cáceres e  Toledo.

 

 

Altar da capela do museo


 Despois de visitar o museo, estivemos dando unhas voltas pola vila.




 E logo do paseo decidimos ir ver "O Prazo", complexo arqueolóxico cunha ocupación humana documentada dende o paleolítico  ata o  S.XIII.

 Para acceder ao xacemento“parque largo da Devesa" tivemos que percorrer uns tres kms por un camiño empedrado, pero moi bonito entre amendoeiras e viñedos. As améndoas boísimas, e o mesmo as uvas.

De camiño ao Prazo


Chegada ao Prazo: Panel coa lenda 



Foto do grupo: Henar, Isidro, Benito e Sara   


 

O xacemento ten  ocupacións dende o neolítico antigo e probablemente de períodos anteriores, ata a idade media; vestixios do templo paleocristián ben conservado; 22 sepulturas con osudas de diferentes épocas; unha “estela antropomórfica” de grandes dimensións, podendo o seu aproveitamento trasladarnos  ao Neolítico, así como un impoñente Menhir. A presenza dunha casa señorial e da zona balnearia testemuñan a importancia desta “Villa Señorial Romana”.

 O menhir

Camiño do xacemento


Selfie co xacemento ao fondo


 

Vistas do xacemento




Entre 1997e 2001 as escavacións permitiron identificar unha serie de ocupacións prehistóricas estratigraficamente  superpostas.

Tales ocupacións datan do Paleolítico Superior, do Epipaleolítico-Mesolítico, do Mesolítico e do Neolítico.

O dia vai rematando, e antes da retirada á casa, fomos mercar un pouco de aceite e viño na Cooperativa de Freixo de Numao para levar a Pontevedra, como tiña que ser..

E como non, o recordo do covid19 estivo presente na nosa viaxe.


 

Ao día seguinte, preparar a equipaxe e camiño de volta, cada un para a súa casa. Agardando poder facer outra escapadiña.

Tivemos sorte pois durante a estancia en Portugal estivo moi bo tempo, pero no camiño de volta choveu e moito, fixemos unha parada en Braga para xantar.

Braga



 

          Fin da viaxe, esperemos poder repetir.                                                                                                                                                                               

                                                                                                                                                                                                             

 


 

 
 

                                                                                                       

 

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Viaxe á Bretaña Francesa Setembro 2020

Viaxe ao Deserto. Marroco, Decembro de 2022

Fin da Viaxe:Thomson Springs, Rangely, Cheyenne , Denver, Houston.