Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

Viaxe a Panamá e Oeste de EEUU. Xaneiro 2024

Imagen
En Xaneiro 2024 decidimos facer unha viaxe un pouco longa, os lugares pedíano, fomos 15 días a Panamá e outros 15 ao suroeste de EE.UU. Saímos de Madrid. Unha visita rápida a Ana e a Dani, esa noite durmimos alí e ceamos con eles. Día 31, voamos. Once horas de viaxe. Para Benito entre os viños que nos deron no avión e un par de tranquimazins, a viaxe foi bastante ben, e eu entre películas e a lectura que tiña no meu ebook, ben tamén. E chegamos a Panamá. En primeiro lugar, gustaríame dicir que os panameños/as son moi simpáticos, agradables, atentos e dispostos sempre a axudar. No aeroporto compramos unha tarxeta de datos para dispoñer de conexión e evitar os sablazos de Vodafone, idea inútil xa que, como non quitamos a tarxeta española por si se producia algunha chamada urxente, Vodafone quere cobrarnos 12 euros por día, e claro estamos a facer unha reclamación pedindo que nos devolva todo o que nos meteron nas facturas, case 500 euros. Temos todas as capturas de pantalla que mostran ...