Marrocos pola costa: de Tánxer ao Sahara Occidental. Setembro 2023
Marrocos pola costa. De Tánxer ao Sahara Occidental Esta viaxe tiñámola planeada dende había tempo, e tres días antes de partir de Pontevedra para Cádiz produciuse un terremoto neste país, na zona de Marraquesh e arredores . Pensamos moito , non sabiamos se eramos moi atrevidos, se se podía facer con coidado e, por suposto, sen molestar nos traballos de rescate que se estaban levando a cabo coa axuda humanitaria de varios países. Finalmente, decidimos modificar o percorrido, evitando a zona máis afectada polo sismo e seguir co previsto valorando sobre a marcha si merecía ou non a pena seguir. O terremoto de Marrakech-Safi de 2023 acadou a magnitude 6,8 que afectou a esa rexión de Marrocos ás 23:11 hora local (22:11 UTC) do venres 8 de setembro de 2023. Nos saimos catro días despois, o día 12. A maioría dos falecidos foron en vilas montañosas, cuxas antigas e precarias casas de adobe foron destruídas polo terremoto. Marrocos, situado na falla entre as placas tectónicas africa...