Uns días en Xapón. Marzo 2024

É moi difícil contar esta viaxe. Era unha viaxe planificada. Fomos cun grupo de amigos. Estamos afeitos a planificar viaxes pero ista foi unha viaxe diferente Vimos moitas cousas en moi pouco tempo e quero contarvos todo. Espero que o gocedes tanto coma nós. En primeiro lugar, quero falar dos xaponeses. Xapón é coñecido pola súa hospitalidade e o seu carácter respectuoso, organizado e honesto. Isto reflíctese na súa vida cotiá. Vese tanto no transporte público como na rúa. Dan grazas por todo. O xesto de inclinar a cabeza ou a parte superior do torso é unha sinal de saúdo, reverencia, gratitude ou desculpas. En Toquio, unha megalópole de máis de 30 millóns de habitantes, non hai lixos, non hai nin un só papel no chan. Non hai contedores de lixo para recoller residuos nas rúas. Despois duns días de viaxe por Xapón, dáste conta de que non tes onde deixar o teu lixo, tes que gardalo para poder tiralo no hotel, ou onde esteas. Só fan isto os xaponeses. Noutros países aos que viax...