Entradas

Menorca ,7 de Maio.

Imagen
  Vouvos falar desta escapadinha que fixemos ás Illas Baleares, a Menorca concretamente. Foi só unha semana pero aproveitámolo ao máximo. Non coñecíamos esta illa, si foramos a Baleares, a Maiorca, e a verdade é que Menorca sorprendeunos gratamente. As praias, pequenas calas na súa maioría, son preciosas, non hai moita xente nelas e a auga nesta época do ano, na primaveira, está xenial, nin quente nin fría. Hai turistas, pero prefiren as piscinas de hoteis ou apartamentos á praia e iso é de agradecer. Non cabe dúbida, as súas calas de augas cristalinas e turquesa e area branca son espectaculares Menorca, ademais da súa beleza natural, que lle permitiu ser declarada Reserva da Biosfera pola Unesco, conta cun grande patrimonio histórico que se concentra nos bonitos cascos antigos das cidades e pobos de pescadores, así como con interesantes restos prehistóricos que se atopan repartidos pola illa. Estivemos unha semana e visitamos algunhas calas, nós alugamos nun apartamento na...

Exipto. Xaneiro día 17-2022

Imagen
O 16 de xaneiro p artimos para Madrid en tren dende Pontevedra para coller o avión cara a Exipto, pero pasamos a noite en Madrid, para facelo con calma e co tempo xa que tiñamos que estar 3 horas antes da saída. O avión saíu o día 17 ás 12:45 e chegamos a Luxor ás 18:45.  Vouvos falar un pouco da miña experiencia nesta fermosa viaxe a un dos destinos turísticos máis visitados do mundo. Comezamos cun cruceiro polo Nilo, a nosa primeira vez nun cruceiro, e foi moi agradable. O cruceiro foi do 17 ao 21, e despois fomos a un hotel no Cairo ata o 24 que volvemos de novo a Madrid, durmindo esa noite outra vez en Madrid para coller o tren a Pontevedra o 25.    Ao chegar ao barco, déronnos os respectivos camarotes e fomos cear. No grupo que nos tocou había xente nova, xente maior, pero había harmonía entre nós, eramos 23, todos en parella, menos un vasco que ía só. Ao día seguinte visitamos a Necrópole de Tebas, que está situada na parte occidental do Nilo , a actual Luxor, ...