Menorca ,7 de Maio.
Vouvos falar desta escapadinha que fixemos ás Illas Baleares, a Menorca concretamente. Foi só unha semana pero aproveitámolo ao máximo. Non coñecíamos esta illa, si foramos a Baleares, a Maiorca, e a verdade é que Menorca sorprendeunos gratamente.
As praias, pequenas calas na súa maioría, son preciosas, non hai moita xente nelas e a auga nesta época do ano, na primaveira, está xenial, nin quente nin fría. Hai turistas, pero prefiren as piscinas de hoteis ou apartamentos á praia e iso é de agradecer. Non cabe dúbida, as súas calas de augas cristalinas e turquesa e area branca son espectaculares
Menorca, ademais da súa beleza natural, que lle permitiu ser declarada Reserva da Biosfera pola Unesco, conta cun grande patrimonio histórico que se concentra nos bonitos cascos antigos das cidades e pobos de pescadores, así como con interesantes restos prehistóricos que se atopan repartidos pola illa.
Estivemos unha semana e visitamos algunhas calas, nós alugamos nun apartamento na praia Cala Galdana,
O apartamento era moi bo, cómodo e ben situado, nel atopamos todas as comodidades: tendas, quioscos, chiringuitos e bos restaurantes. Movémonos bastante porque alugabamos un coche, pola mañá iamos a unha cala para nos dar un mergullo, e pola tarde facíamos visitas para coñecer a illa.
As calas que coñecimos foron Cala Galdana, que está unida á cala Mitjana por un carreiro de 20 minutos, dispón dunha extensa praia de area fina, ideal para familias é Cala Mitjana, cala virxe de augas turquesas situada nunha pequena baía natural e cun aparcadoiro situado a pouca distancia, a 1,5 quilometro da area. Para nós esta última cala, preciosa, sen dúbida, que nos decepcionou un pouco, porque estaba chea de xente e nenos.
A praia que máis nos gustou, foi a de Binigaus que é unha praia virxe de area branca, como en todas elas. A praia é de fácil acceso (é unha das únicas praias virxes de Menorca onde non é necesario camiñar máis de 20 minutos para atopala), o que se traduce nun alto nivel de ocupación en comparación con outras praias virxes da illa. Por esta cala pasa unha parte do Camiño de Cavalls, un percorrido de 185 quilómetros que circunvala a Illa.
O interese histórico da illa de Menorca culmina na súa prehistoria, xa que se acha materialmente sementada de monumentos megalíticos que a converten nun vasto museo ao aire libre.
Nun dos nosos paseos, pola tarde, atopamos a Necrópole de Cala Morell, situada nun espectacular lugar que ocupa os muros dun barranco situado pouco antes de chegar á pequena praia de Cala Morell, na costa ao norte de Ciudadela. É a necrópole máis sorprendente de toda Menorca. Trátase dun conxunto monumental, unha necrópole con 14 covas funerarias escavadas na rocha. Este cemiterio estivo activo dende a época pretalaiótica ata o século II d.c. Foi escavado e restaurado a finais da década de 1950 por un equipo dirixido polos doutores Lluís Pericot e Maria Lluïsa Serra grazas ao apoio económico da Fundación March.
Hipoxeos
Os primeiros túmulos documentados datan de arredor do 1600 a.c. Son dous pequenos hipoxeos -cámaras escavadas artificialmente na rocha- con corredor de pedra como acceso No interior localizáronse unhas cerámicas correspondentes ao antigo enxoval que acompañaba ao defunto alí soterrado.
Cala Morell
Como non podía ser doutro xeito, ao día seguinte fomos ver a Naveta des Tudons, situada preto da Cidadela. Trátase dun tipo de naveta funeraria en perfecto estado, con forma de nave invertida, onde se realizaban enterramentos colectivos. Durante as escavacións atopáronse ata cen individuos acompañados de enxoval e pequenos potes onde se depositaban ofrendas durante os ritos funerarios. É un sepulcro colectivo da época pretalaiótica, é dicir, dos inicios da idade do bronce, está construído coa técnica ciclópea, é dicir, con pedras de tamaño medio encaixadas en seco, sen axuda de morteiro, mide 14,5 metros de lonxitude. por 6. 5 de ancho
Visitamos varios asentamentos talaióticos, pero a Torretrencada gustounos, para chegar a ela, paseas entre as oliveiras silvestres, é un asentamento talaiótico (1000 - 700 a.c.) que se prolongou ata a conquista romana no 123 a.c. da que se conservan distintos monumentos. O talaiot, unhas covas funerarias artificiais escavadas no subsolo rochoso e algúns túmulos escavados na rocha, probablemente da época altomedieval. Aquí tedes unhas fotos para que as gocedes connosco.
A Taula é, en arqueoloxía, un tipo de construción da cultura talaiótica, exclusiva da illa de Menorca. O nome de Taula fai referencia ao elemento central do recinto en forma de T, e debe o seu nome á semellanza que ten cunha mesa.
Taula(non conserva o recinto) pero é unha das sete taulas completas que se conservan na illa.
O sala hipóstila coa súa columna
Tumbas antropomórficas
Visitamos Ciutadella, pasamos a tarde explorándoa e coñecéndoa, o primeiro que fixemos foi ir á gran "Plaça d'es Born", limitada por edificios nobres, algúns con soportais dourados neoclásicos. Nun extremo, con vistas ao porto, a Casa do Concello, no lugar que ocupaba o antigo "Real Alcázar", residencia do rei conquistador de Menorca, Afonso III, para despois dirixirnos ao porto, e demos un longo paseo polo peirao que funciona como peirao de pesca e deportes. Pola noite, no verán, transfórmase e convértese nun dos lugares con máis vida nocturna da illa.
En 1558, Ciutadella resistiu un asedio de nove días por parte de 15.000 piratas turcos, que cando finalmente asaltaron a cidade destruírona por completo e levaron cativos a case todos os superviventes a Constantinopla. Erixiuse un obelisco que preside a Praza do Born que lembra aquel glorioso día e leva catro inscricións lapidarias en latín, obra do gran polígrafo cidadán José Mª Quadrado, que significan: "Aquí resistimos ata a morte, por relixión e patria, o ano 1558".
Obelisco que preside a Praça do Born
Ciutadella é a sede episcopal de Menorca, xa que o antigo bispado, xa existente no século V, foi restablecido en 1795.
Ao fondo están as casas señoriais, o certo é que ter un aparcadoiro de motos na praza aféaa un pouco
O Porto
Paseando pola cidade atoparás o Bastión ou Pont de Sant Roc é o único vestixio que queda das antigas murallas medievais que protexían a cidade tras a conquista da illa aos musulmáns no século XIII.
Na Praza de España, é onde se sitúa a Mercat de Peix; e o Mercado do Claustro entramos aquí a mercar queixos da zona, pero atoparás todo tipo de produtos da illa e é o lugar ideal para levar contigo calquera deles,
Bueno, se viaxas con Ryanair ten coidado, que nin sequera podes traer ensaimadas á península, con unha pídenche un billete máis caro, ou podes metelas na maleta, e non me parece boa idea...
Comentarios
Publicar un comentario