Entradas

EEUU 5 xuño. Segunda parte. Oklahoma City , Gramby ,Thomson Springs-

Imagen
  A nosa viaxe continúa.   Estamos a 5 de xuño, hoxe toca viaxar cara  a Oklahoma, concretamente imos a Oklahoma City e agárdannos unhas cantas horas de bus. Pero a xornada non comeza ben, chegamos á estación de autobuses para coller o Greyhound que sae ás 6:30, e ás 6:40 dinnos que o autobús vai ter un atraso de 2 ou 3 horas, que non hai chofer. Aquí ninguén di nada, todos esperan e con resignación, pasan as horas e non hai noticias, e o que hai é contraditorio, comentarios duns e doutros, os empregados da compañía non saben nada e finalmente despois de 5 horas, dinnos que queda cancelado e que non hai billetes de autobús, ata  dentro de dous días, e se o queriamos ben, e se non, non nos devolverían o diñeiro. T iñamos un piso reservado en Oklahoma, tiñamos que buscar alternativas, facer algo, os voos para o día moi caros, 800 euros, o único tren saía moi xusto e ademais tiñamos que ir a Forth Worth primeiro, que está moi cerca pero os horarios tiñan que ser m...

A nosa viaxe a EEUU.23 Maio- 23Xuño 2022

Imagen
Voltamos de Menorca, unha illa moi bonita, e tiñamos pensado facer unha viaxe a EEUU, antes da chegada do verán, xa que en xullo e agosto estase mellor na casiña, e así foi. Vouvos contar as nosas experiencias. O primeiro lugar que visitamos foi Atlanta, aquí alugamos un piso, e tamén seria  a cidade á que regresariamos para voar a Madrid. De Atlanta no estado de Georgia, fomos a Nova Orleans en Louisiana, seguido de Houston e Dallas en Texas, Oklahoma City, capital do estado do mesmo nome, Denver e  Gramby en Colorado, Thomson Springs en Utah, Dinosaur de novo en Colorado e Cheyenne en Wyoming. Volvemos a Denver, de aí a Atlanta, Madrid e Pontevedra, para casa. Fixemos viaxes en autobuses, avións domésticos, alugamos un coche. Foi unha boa experiencia. Pasaron moitos contratempos, pero todos se superaron, atrasos de 4 horas no autobús e ninguén dixo por que, tamén cancelación do bus sen devolución, e aviso despois das 5h:30 de espera, e iso contradiciu os nosos plans,...